Etram e Ailux na Terra dos Mortos
"Historia do encontro entre dúas civilizacións. Unha loanza á contribución da muller, á amizade e entendemento entre diferentes. Unha visión do tempo no que os seres humanos vivían irmandados coa natureza e dun futuro ancorado na esperanza.”
Nesta súa segunda obra de ficción, o historiador Buenaventura Aparicio Casado tece un transfondo entre o utópico e o ucrónico a partir dunha viaxe e dunhas persoaxes cuxa misión, alén da descoberta do medio e a divulgación das temáticas nas que é un erudito, non é outra que reflexionar sobre o mundo contemporáneo. Unha reflexión, como xa nos ten acostumados, velada, que cómpre ler entre liñas. Etram e Ailux na Terra dos Mortos é un conto con moitas lecturas. Un conto para nenos e nenas do que os adultos tamén poden extraer interesantes reflexións.
Ilustracións de Pilar Castro Caamaño; 56 páxinas.
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías ou na tenda en liña da editorial.