erregueté
A erregueté | Revista Galega de Teatro existe dende 1983 e, na actualidade, é a única publicación periódica que ten como obxecto o teatro galego. A revista está editada por unha Asociación Cultural sen Ánimo de Lucro, Entre Bambalinas.
A liña editorial da erregueté | Revista Galega de Teatro sempre estivo marcada pola independencia, a honestidade e o rigor informativo e o seu obxecto preferente é o teatro galego, aínda que sen prescindir dunha insaciable curiosidade por calquera aspecto de interese relacionado co teatro en xeral.
A erregueté | Revista Galega de Teatro conxuga información, creación, divulgación e estudo. Así, publica críticas, reportaxes, crónica de festivais, recensións de libros, ensaios sobre un determinado aspecto relacionado coa arte dramática…
Dous números ao ano (10€); posibilidade de subscribirse.
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías.
Opción de subscribirse e recibila por correo aquí.