Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Contrapunto
Difundir o artigo en Cabozo

Contrapunto


Etiquetas
folk,
Autor
Tanxugueiras
Empresa
Ano
2019
Referencia
contrapunto
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
11,95 €
Valoración
0 puntos

A vida ten dúas caras. Ten momentos contrapostos, que saben ás veces doce e ás veces amargo. Unha dualidade inevitable que equilibran con tento e delicadeza, con forza e carácter, as Tanxugueiras. Sangue novo para revitalizar e actualizar a tradición da música oral do país, unha formación que no seu segundo disco consegue dar unha nova vida e un novo significado as coplas que se cantan dende antigo en Galicia. ‘Contrapunto’ é un disco de dez temas siameses, cinco caras e cinco cruces de diferentes momentos da vida narrados a través das letras que as pandereiteiras mantiveron vivas ata hoxe. Palabras con pasado para describir o presente a través de voces destas tres mozas e de sonoridades de diferentes estilos. Unha proposta que expande as posibilidades da música tradicional e a sitúa a base de forza e empoderamento nos mesmos escenarios que estilos como o pop ou o indie.


Temas

  1. Autocracia
  2. Albedrío
  3. Perfidia
  4. Irmandade
  5. Miña Nena
  6. Miña Mai
  7. O Querer
  8. Malquerenza
  9. Desposorio
  10. Maltraer



Onde conseguir esta proposta

Á venda en tenda de discos.

Máis información na páxina web do grupo:

https://tanxugueiras.com/