Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Axenda escolar Rosalía Margaridas 2020-21
Difundir o artigo en Cabozo

Axenda escolar Rosalía Margaridas 2020-21


Etiquetas
Empresa
Categoría/s:
Ano
2020
Referencia
axendaescolarRosalía
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
21,90 €
Valoración
0 puntos

Axenda escolar do curso 2020-21. En portada frase de Rosalía: “Agardade e crede. Crea a que cre”.

Tiveches algunha vez unha axenda con toda unha páxina para os teus soños? Esta tena. E vén con tapa dura. Con peche con goma. Con marcapáxinas que inclúe unha biografía da persoeira. Con ferramentas para tomar decisións, xestionar enfados, frases motivadoras de grandes mulleres, recomendacións de cine e libros,… Con cada mes dedicado a un dos valores que definen a loita pola igualdade: educación, amor, traballo...

Con deseños exclusivos. Medidas: 17 x 21,5 cm. Deseñada e fabricada en Galicia con moito agarimo nos detalles. A túa compañeira dun ano de non conformarse, de rebelarse, de divertirse, de aprender!

Tamén dispoñible en tamaño A6.




Onde conseguir esta proposta

Venda en liña na páxina web da empresa.

Máis información en: info@animosa.es



Galería