Pondaliana
O proxecto Pondaliana iniciouse no centenario da morte de Eduardo Pondal (1835-1917). Daquela, a Sociedade Cultural Medulio tomou como compromiso articular un espectáculo musical, baseado en poemas do grande poeta galego, para evidenciar o valor, a vixencia e a adecuación para a música de variado xénero e estilo da súa poesía.
Agora, en formato libro-cd, as galegas e galegos poderemos acceder, polo menos, á banda musical que era o fío fundamental do espectáculo PONDALIANA.
Xoán Padín, Lidia Piñeiro, Alberte López Porta e Roberto Vázquez nas voces, Andrés Pazos Bellón co piano, Alberte Maceiras á gaita, Alberte Núñez co acordeón diatónico, Soraia García Riveiros á frauta, Marta Varela Porto a achegar o óboe, Pablo Salgueiro Alonso na percusión, Víctor Gacio co baixo, Marcos Sánchez coa marimba e Cabe García na guitarra eléctrica son algúns dos creadores que participan desta iniciativa.
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías ou na tenda en liña da AS-PG ou na d'A Mesa pola Normalización Lingüística.