Pelo gato 24
“Pelo Gato 24” é un proxecto impulsado pola Asociación de Gaiteiros Galegos que recolle dúas dos enredos máis importantes d@s nen@s: as cantigas e os xogos. En formato de Libro, CD e DVD “Pelo Gato 24” pretende dar a coñecer e dilvulgar entre o público infantil as cantigas que a tradición oral foi quen de transportar ata os nosos días.
Baixo a produción e dirección musical de Magoia Adega e Paulo Nogueira, este traballo é tamén unha galería musical onde o público infantil galego descubrirá a un amplo e variado elenco de músicos e cantantes: Sonia Lebedynski, Xabier Díaz, Mercedes Arribe,Fuxan vos ventos, Migallas, Señora Carmen, Xurxo Souto, Pancho Álvarez, César Longa,Xosé Liz, Leilía, Begoña Riobó e a Charanga “Vai de Baile”.
Inclúe tamén, un DVD con diversos xogos tradicionais galegos, videoclips e playbacks, un “como se fixo” ademais dun libreto informativo de 64 páxinas.
2.ª edición que contou co apoio da Deputación da Coruña.
Onde conseguir esta proposta
Á venda en librarías e tendas de discos.