Inicio »
Días especiais para agasallar »
Un nacemento
Un nacemento

Para que despois de dar a luz a muller puidese recuperar folgos, había tradición de levarlle viño doce e pan de ovo, algo que se pode seguir a facer. E pódese pensar tamén noutros agasallos, tanto para a meniña ou meniño que acaba de nacer como para a súa nai.
Para a nai podes pensar en música ou literatura, en filmes ou alimentación, en experiencias ou tecnoloxía... E para o bebé, pois tamén se pode ir pensando en introducilo aos libros, con diferentes propostas que pode haber para meniños/as, ou á música, con discos que adoitan gustar xa desde pequechos/as de todo. E hai xogos e xoguetes e moitas outras cousas.
Bota un ollo, a ver se atopas algo que che convenza ;-)