O Apalpador, Os Reis Magos, Papá Noel...

A personaxe mítica do Nadal galego que lle trae agasallos a nenos e nenas é o Apalpador, fala galego e dispón de todos os agasallos que aparecen neste web. Ao Papá Noel e mais aos Reis Magos, que falan todas as linguas do mundo, failles tamén moita ilusión que en cada lugar se fale e apoie a lingua propia e que, polo tanto, no noso elixamos propostas, creacións e servizos en galego.
O Apalpador (ou Pandigueiro) é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas en diversas comarcas do interior do país, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. Baixa a noite do 24 ou 31 de decembro, segundo a zona, para visitar nenos e nenas, tócalles o ventre para ver se comeron abondo durante o ano, e déixalles unha presada de castañas e algún regaliño.
O Papá Noel, que vén na noite do 24 ao 25 de decembro, e os Reis, que chegan na noite do 5 ao 6 de xaneiro, teñen gran tradición e asentamento no país.
E todos eles teñen Agasallo.eu como referencia! Así que podes elixir calquera das propostas que contén para expresarlles os teus desexos, e teñas a idade que teñas: xogos ou xoguetes, dvd, discos, libros, tecnoloxía, camisolas, gastronomía, experiencias...