Xiro Atlantic Denim
Xiro made in Galicia, 100% responsible wear
Durante a deslocalización da industria textil, produciuse en Galicia unha diminución de postos de traballo vinculados a este sector (só entre 2007 e 2011 destruíronse un 26% dos mesmos). Esta diminución comeza coa precarización do traballo debido ás esixencias de empresas e consumidores en canto a tempos e prezos. Cada vez demándanse máis produtos a prezos máis baixos, entrando así nunha perigosa espiral que nos leva á situación actual.
Co selo Feito en Galicia queremos poñer en valor os coñecementos e experiencia das costureiras e veciñas da nosa comunidade. É unha pequena homenaxe a todas as persoas que loitaron e loitan para mantener a dignidade nunha industria marcada polas condicións precarias e pola deslocalización.
A roupa Xiro confecciónase a poucos quilómetros de Santiago de Compostela. Trátase dun taller situado no medio dun contorno rural onde nos abriron as portas para que poidamos ver, documentar e apreciar o seu traballo.
Consideramos a cercanía un factor clave no noso proxecto. O contacto directo e regular é fundamental para afianzar relacións a longo prazo, conseguir uns resultados óptimos e facilitar ós nosos clientes todos os detalles acerca da trazablidade.
A produción en proximidade non só apoia a creación de emprego e unhas condicións laborais xustas, tamén axuda a reducir a emisión de CO2 causada polos miles de quilómetros que percorren as mercancías para o seu transporte.