Racataplan
Roupa en movemento...
Gostamos de subir á árbore máis alta de galla en galla; sóbrannos as escaleiras, usamos o pasamáns; non evitamos os charcos, parada e tres saltos; corremos todo o día sen cansarnos; tirámonos na terra, na pedra, na area; facemos bolas de roupa ós pés da cama…
Somos movemento, somos liberdade, somos diversión…
Somos pais, queremos ver como caen e loitan por erguerse; vivir o mundo dende alí abaixo; emocionarnos con palabras sen sentido; volver a arrastrarnos, redescubrir o xogo; vivir microaventuras; medrar con eles; entender os seus medos…
Somos protección, somos tenrura, somos mimo…
Cremos que o mundo o cambian as pequenas cousas; buscamos a natureza nos nosos tecidos; producimos na nosa contorna; non queremos pesticidas nin mans escravas…
Somos ecolóxicos, somos naturais, somos responsables…
Somos racataplan.
Produtos de Racataplan
Freemove Granxa Tola
Pantalón para peques free-move en algodón e estampado ecolóxico
PVP rec. 32,00 €