Caurelor

- Espandariz . 27320 Quiroga
- T. 675 930 164
Dedicámonos á manufactura de produtos naturais, e como produto estrela temos a castaña.
Traballamos con castañas ecolóxicas, collidas á man e manufacturadas de forma artesanal, seguindo un proceso único e ancestral. As castañas son conservadas en area até o momento da súa elaboración, e isto dálles unha lixeira deshidratación, conseguindo un intenso sabor. Todos os nosos produtos son elaborados seguindo receitas antigas do Courel.
A nosa aposta pola castaña dos soutos centenarios non é algo novo, xa que até non hai moitas décadas era o alimento básico de persoas e animais, xa que é un alimento moi nutritivo e abundante no Courel. Elaboramos os nosos produtos mesturando tradición e cultura herdada da xente da nosa terra.
Produtos de Caurelor
Castañas ecolóxicas en almibre
Castañas do Bierzo semi-cocidas en almibre moi lixeiro
PVP rec. 5,00 €