Laura Tova

- . Carballo
- T. 622611885
O meu nome é Laura, son ilustradora e son galega. Desde que comecei esta linda andadura polo mundo da ilustración en 2012 sempre quixen darlle ás miñas ilustracións unha segunda oportunidade de ser, e así é como van nacendo os produtos Laura Tova.
Gústame crear e deseñar obxectos de utilidade para ti e de decoración para o teu espazo. Os meus produtos son manufacturados e, por iso, de edición limitada. Sempre intento traballar coas ferramentas que teño á man na miña localidade para apoiar o pequeno comercio.
Formeime en Ilustración na Escola de Arte e Deseño Superior Pablo Picasso da Coruña e aprendín en talleres cos máis grandes (Chris Haughton, Pablo Amargo, Miguel Tanco...). As miñas inquedanzas dentro da ilustración son varias e varios tamén os proxectos nos que me envolvo: álbum ilustrado, deseño, arte urbana, e todo tipo de encargos.
Agardo que gocedes dos meus produtos e que eles gocen de ti.