Fina Rei
Fina Rei - Artesáns Reposteiros

Josefina Rey Beiró nace no ano 1937 en Lestrobe (Dodro), unha pequena aldea ao carón de Padrón. No ano 1961, xunto co seu marido, trasládanse a Allariz. É nesa época cando a súa inquietude pola cociña lévaa a descubrir os doces típicos da vila, pero é no ano 1971 cando decide converter esta afición nunha forma de vida, e achegar a súa maneira de facer a todo o mundo, creando o obradoiro de repostaría que leva o seu nome. Hoxe, retirada das facetas máis cansinas, exerce a súa influencia sobre os fillos que seguen á fronte do forno.
Dende entón foron moitos os avatares que teñen acontecido, algúns bos e outros menos. Moitos os esforzos realizados. Algunhas as ilusións acadadas. Pero nese percorrido, na nosa casa, en Fina Rei, sempre priorizamos a xente, o bo facer, a honestidade da calidade fronte a cantidade, os tempos que marcan o repouso preciso fronte á inmediatez dos atallos que nos desabeiran do ben feito. A creación fronte á imitación, porque no esforzo na procura desa diferenciación atopamos o deleite de sentírmonos partícipes achegando algo de carácter, algo de orgullo e, por suposto, moito de dozura, o que somos como pobo.
Produtos de Fina Rei
Frecha de Chocolate con poema inédito de Estíbaliz Espinosa
Orixinal frecha de chocolate
PVP rec. 17,00 €