Nikis Galicia Style
Nikis Galicia Style© é o resultado da inquietude e da experiencia adquirida dun equipo de traballo dedicado ó desenvolvemento de marcas dende 1994. Nikis Galicia Style© nace principalmente coa intención de ser un punto de encontro onde acoller diferentes formas de expresión cultural galega que non teñen cabida noutros espazos.
A través de soportes como a camiseta e artigos de regalo, tratamos de reivindicar a nosa propia identidade, dende unha perspectiva contemporanea, enfrentando os iconos actuais e imaxinería popular da que tan orgullosos estamos.
Todo isto é o que pretendemos amosar nos nosos deseños. Para o que contamos coa colaboración de diferentes ilustradores do país.