Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Maruxío
Difundir o artigo en Cabozo

Maruxío


Maruxío
  • Torreboredo, 27. 36684 Souto, A Estrada (Pontevedra)
  • T.  692810145
  • Email
  • Web

Maruxío é un proxecto de vida que queremos compartir con aqueles que, coma nós, aman o rural e os saberes tradicionais, senten o medio natural como unha segunda pel e procuran un xeito de vivir e de consumir que coide da súa saúde e da comunidade.

Por iso regresamos ao fogar da nosa familia, Casa Terra de Rebolos, no concello da Estrada, e puxemos en marcha un obrador de repostería saudable, de onde saen os nosos rebolos, galletas elaboradas con produtos de calidade, primando a proximidade e ecolóxicos. E por iso abrimos a nosa casa para promover o intercambio de saberes a través de actividades de formación e o convertemos nun espazo multidisciplinar aberto á creación, ao diálogo e á convivencia.

E por iso tamén ofrecemos a nosa casa como aloxamento, onde poderás descansar, reconectar contigo, cos teus e coa natureza, buscar inspiración ou acougo e descubrir, se aínda non o sabes, onde queres estar.

Ofrecemos produtos saudables e sostibles: galletas deliciosas de abelá, xenxibre, trigo sarraceno, chía, avea, sabugueiro, arandos, chocolate...

O noso espazo chámase Casa Terra de Rebolos, porque estamos sutuados na aldea de Terreboredo, en Souto (A Estrada), onde agroman os rebolos, os novos carballos, por ese motivo chamamos rebolos ás nosas galletas, agroman nunha aldea onde a vida segue florecendo.

Tamén en Facebook e Instagram.

Puntos de venda:

Provincia da Coruña

  • CESTA DA SAÚDE (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
  • SEIVA DE ABRIL (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
  • LEGUMÍA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
  • AS CABACIÑAS (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
  • D'ALDEA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
  • CATERING ALMÍREZ (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
  • LA ALACENA DE CRIS (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
  • A TENDA DAS HERBAS (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
  • XARDÍN DOS SOÑOS (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
  • MODUS VIVENDI (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
  • BAR TABACOS (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
  • Mercado galego da creatividade (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
  • HORTA SÁ (A CORUÑA)
  • LEDICIAS A GRANEL (A CORUÑA)
  • ULTRAMARINOS CARMIÑA (A CORUÑA)
  • MAMAHIZOPÁN (A CORUÑA)
  • Enxebre, alimentos selectos (A Coruña)
  • A Parva (A Coruña)
  • Vacalouras (Pontedeume)
  • Distribucciones Guimareu (Cee)
  • DO PAÍS (NARÓN)
  • CASA DO PATÍN (PADRÓN)
  • GAIA NATURA (NOIA)
  • FRUTERÍA DEBORAH (SADA)

Provincia de Lugo
  • FEITIZOS DE SABOR, MERCADO ABASTOS (LUGO)
  • EL RINCÓN DE YOVI (LUGO)
  • TRALOAGRO S.L. (FRIOL)
  • HERBOLARIO Mª DEL PILAR VÁZQUEZ (CHANTADA)
Provincia de Ourense
  • Las Farinata Gourmet (Ourense)
  • ASUBIO (VERÍN)
  • VEIGAS DE SABUGUEIROS (VILAR DE SANTOS)
Provincia de Pontevedra
  • ECOCABANA (PONTEVEDRA)
  • MUNDO VERDE (PONTEVEDRA)
  • PONTEVEDRA VERDE S.L. (PONTEVEDRA)
  • FRUTERÍA MAYBER (PONTEVEDRA)
  • O CLUB DO CAFÉ (PONTEVEDRA)
  • CHICORIA ULTRAMARINOS (O PORRIÑO)
  • A TENDA DA LOURA (REDONDELA)
  • SABIA NATURA (A ESTRADA)
  • ISABEL CRESPO FEÁNS (RIQUIÑA) (LALÍN)
  • LOS PEPES C.B. (VILAGARCÍA DE AROUSA)
  • CASA PADRIÑÁN (SANXENXO)
  • MAMASUNCIÓN (SILLEDA)
  • O RINCÓN DAS BURGAS (CUNTIS)
  • ALACÉN DE LIÑARES (CAMPOLAMEIRO)
  • A taberna do jefe (Cangas)
  • VITRUVIA (VIGO)
  • VERDEVIOLETA (VIGO)
  • URBANIC (VIGO)
  • ÁRBORE (VIGO)
  • PROGRESO POSTO 7 (VIGO)
  • ECOGREEN GALICIA (VIGO)
  • A ARTESA DE BEA (VIGO)
  • HERBORISTERÍA RAÍCES (VIGO)
Fóra de Galicia

  • STOP NATURAL (MADRID)
  • THELIVINGFOOD ALIMENTACIÓN BIOLOGICA (BARCELONA)



Produtos de Maruxío