Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » As Lolas da Cascarilla
Difundir o artigo en Cabozo

As Lolas da Cascarilla


As Lolas da Cascarilla

Astesanía galega en folla de millo: decoración, bonecos e bonecas, xoguetes, bixutaría...

As Lolas da Cascarilla somos Ana, Mar e Lucía, tres mulleres do concello de San Sadurniño que, enriquecidas pola nosa diversidade e diferente concepto creativo, decidimos emprender un proxecto xuntas.

As Lolas da Cascarilla son un produto recoñecido co selo de Artesania de Galicia. A semente, esfolla e preparación da folla de millo son feitas de xeito totalmente artesanal, apostando polo apoderamento da muller rural e a recuperación tradicional, ademais de mostrar un total respecto tanto no proceso de obtención da materia prima, como no coidado do contorno que a prové, poñendo especial coidado en non xerar residuos. Cada produto das Lolas leva consigo horas de traballo, ilusión e un anaquiño do que fai de nós as Lolas da Cascarilla.

Que facemos

PLANTACIÓN
O millo do país deberase plantar en maio, para posteriormente ser cavado en xuño coa finalidade de eliminar as malas herbas. Uns quince días despois dependo do que vaia medrando o millo viría o proceso do aporcamento.

RECOLLIDA
Chegados os meses de outubro e novembro facemos a recollida das espigas.

ESFOLLADO
O proceso de esfollado debe levarse a cabo con sumo coidado xa que é importante obter a folla do tamaño máis grande posible, sen rompela e escollendo a folla máis limpa. Temos que gardar tamén a barba ou pelica da espiga porque imos necesitala para facer os peiteados das bonecas.

LAVADO E TINGUIDO
A folla deberá ser seleccionada segundo tamaño e limpeza para ser tinguida, hai que separar unha cantidade importante para deixala coa cor natural. O proceso de lavado e simultáneo co de tinguido no caso das follas que van levar cor, as demais son lavadas independentemente.

SECADO
O secado debe ser de xeito natural, preto dunha fonte de calor, xa sexa por proximidade de lume, por estar expostas ao sol ou por métodos tradicionais como o aireamento nos hórreos.

Tamén en Twitter e Instagram

Ficha en Artesania de Galicia



Produtos de As Lolas da Cascarilla


Cascarillo gaiteiro

As Lolas da Cascarilla

Alá vai o gaiteiro...

PVP rec. 20,00 €

Lola

As Lolas da Cascarilla

Lola lembra a Manuel María

PVP rec. 19,00 €

Tallarola "Nesta casa falamos galego"

As Lolas da Cascarilla

Unha boa presentación para o teu fogar

PVP rec. 15,00 €