AS-PG
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega é o Movimento de Renovación Pedagóxica decano da Galiza. Creouse non ano 1976 coa finalidade de conseguir entre o porofesorado unha maior vinculación coa lingua e a cultura galegas, coa propia realidade do país. O seu lema incial foi “Na procura dun ensino galego”.
Con esta pretensión comezamos a organizar actividades de formación do profesorado en materia lingüística impartindo clases entre os docentes galegos, que por aquel entón non tiñan a posibilidade de se formaren na nosa lingua por non existiren aínda centros oficiais en que se impartise esta materia. Mais como o movemento se demostra andando, o noso quere ser un proxecto de futuro.
Sabemos que a educación é a chave que abre as portas da Liberdade. E nós somos xente de acción. Somos mulleres e homes de todo o país que queremos que as nosas alumnas e alumnos saiban recoñecer coa punta dos dedos a sociedade que lles tocou vivir. Que saiban reconstruír a nosa Historia e crear o noso Futuro.
Queremos estar “Na vangarda do ensino” e abrimos as portas a quen queira participar nun proceso aberto, de renovación permanente e de futuro para Galiza.
Produtos de AS-PG
Manual de escola 2
Xosé Tomás
AS-PG
Prologado por Fabricio Caivano e Miguelanxo Prado
PVP rec. 8,00 €
I ante aquel silencio mudo. Rosalía e Cantares
Marina Chiavegatto e Millán Castro
AS-PG
A Rosalía de sempre nunha interpretación actual
PVP rec. 8,00 €