Ar de arte
Ar de Arte é un proxecto liderado por dous irmáns carballes cunha sensibilidade especial polas cousas ben feitas onde se mesturan tradición e arte, unha aposta pola calidade dos produtos e dos talentos... sempre ao redor de Galicia.
Ar de Arte procura unha idea, a de aproveitar a calidade dos alimentos escollendo de sistemas industrializados, apostando polas elaboracións tradicionais para envolvelos con deseños de artistas galegos e darlles un valor engadido.
O seu primeiro produto é unha edición especial do Camiño de Santiago deseñada polo recoñecido ilustrador Celsius Pictor, para conservas de mexillóns das rías galegas.