Belagua
Belagua Ediciones y Comunicación, S.L. nace en Vigo en 2013 co propósito de proxectar Galicia, a súa riqueza natural, artística, histórica e etnográfica a través de publicacións en que a fotografía xoga un papel sobranceiro. Nesta liña editamos libros de gran formato con calidade estética e fotográfica que son en si mesmos obxectos atractivos. Con todo, publicamos todo tipo de obras divulgativas do noso territorio, e exploramos outros mundos e outras culturas. Como complemento á nosa liña editorial baseada na promoción de Galicia, Belagua contribúe tamén á creación literaria, dando visibilidade a novos talentos, con voces persoais e boas historias que contar.