Apiario
Apiario edita libros onde ningún é igual ca outro. Cada título é para nós unha oportunidade de elaborar un deseño único que responda ás necesidades do texto. A procura do papel preciso, do cosido exacto, da tipografía axeitada fan que os nosos libros sexan obxectos que non responden a ningunha lei impostada nin preconcibida.Cera Labrada, Niño de Abella e Abella Mestra son as nosas primeiras coleccións.Apiario é unha editora independente que traballa sen distribuidora, polo que levamos os noso libros directamente aos puntos de venda. Tamén podes conseguilos na nosa tenda on_line. Chegarán o máis rápido posible, sen que ningunha folla se perda.
Produtos de Apiario
Ola! Son un bicho bóla!
Elvira Ribeiro Tobío // Noelia González Caamaño (ilustracións)
Apiario
PVP rec. 16,00 €
Caer de cu polo universo
Estibaliz Espinosa (textos) / Lucía Cobo (ilustracións)
Apiario
PVP rec. 16,00 €