Oqueleo
Oqueleo
Moitos libros foron publicados, e lidos, desde que a editorial Santillana, hai máis de 30 anos, achegara a mellor literatura ás escolas para ofrecer unha inesquecible colección que nos permitiu convivir con títulos e con personaxes que chegaron a formar parte das nosas vidas. Grazas a eles, e á tarefa conxunta de grandes profesionais do sector editorial e educativo, foi posible que milleiros de nenos e mozos tiveran as súas primeiras experiencias lectoras e viviran indescritibles e fantásticas aventuras. Sobre estes sólidos fundamentos constrúese
Oqueleo, o novo selo de literatura infantil e xuvenil de Santillana/Obradoiro. Un proxecto que aposta pola calidade literaria e o compromiso, a diversión, a reflexión, a creación e a recreación de universos imaxinarios.
Oqueleo mantén o fondo histórico de Alfaguara/Obradoiro e abre o catálogo a novos talentos da escrita literaria e da ilustración.
Na nosa colección poderás atopar:
• Escritores e ilustradores de sona nacional e internacional.
• Títulos inesquecibles sen data de caducidade.
• Novidades que espertan o desexo de ler con avidez.
Oqueleo nace coa vontade de ser un espazo común para que os lectores se sintan membros dun colectivo numeroso, entusiasta e cómplice que lles permita afirmar que non estamos sós, que somos moitos. Oqueleo potenciará o contacto permanente cos lectores e cos mediadores (docentes, libreiros e familia) a través dos seus perfís en Twitter e Facebook. As redes sociais permitirán compartir experiencias, recomendacións de lectura…; en definitiva, sentirse membros activos dunha comunidade lectora.
Somos o que lemos, somos Oqueleo.