Urco Editora
Urco editora é unha empresa editorial nacida en 2007 que veu encher un oco histórico no sistema literario galego: a publicación sistemática e especializada de literatura de fantasía, ciencia ficción e terror. Até agora a escasa presenza destes xéneros na literatura traducida estaba fragmentada en distintas editoriais e coleccións, catalogada especialmente baixo os criterios de «clásicos» ou de «literatura xuvenil». Por isto Urco foi pioneira na achega sistemática destes tres xéneros ao público galego. Co tempo, a criatura foi medrando e abranguendo outros ámbitos como o do ensaio, a literatura infanto-xuvenil e os xogos de mesa.
Coleccións:
- Tradución. Urco naceu coa determinación de traer os mellores clásicos do xénero fantástico á nosa lingua, así como as obras contemporáneas máis senlleiras.
- Urco Gótica. Literatura traducida de xénero gótico e terrorífico.
- Urco Fantasía. Colección dedicada á literatura traducida de xénero fantástico.
- Urco Ciencia Ficción. É o fogar das obras traducidas do xénero de anticipación e de ficción científica.
- Alcaián. A colección Alcaián nace en 2010 para dar cabida a aqueles textos escritos en galego que se adscriben nos xéneros nos que se especializa a editora.
- Biblioteca Niké. A Biblioteca Niké de versos, vidas e pensamento é unha colección que nace paralela ao proxecto central da editorial para dar unha saída a certos proxectos que, malia que afastados da liña principal e histórica de Urco, consideramos moi interesantes ou fundamentais para a cultura do país.
- Urco Infantil. Esta colección está pensada para cubrir o único segmento de idade ao que a nosa editora aínda non chegaba: o dos primeiros lectores.
- Contos Estraños En 2015, a editorial Contos Estraños, destacada pola súa publicación trimestral homónima que homenaxea os pulps norteamericanos de comezos do século XX, pasa a integrar un selo de seu dentro de Urco editora.
- Urco Xuvenil. Ante a demanda de literatura fantástica por parte de xeracións cada vez máis novas, en 2014 nace a colección Urco Xuvenil, na que se publican textos destes xéneros orientados aos lectores que se achan nas distintas etapas do ensino secundario.
- Series e sagas. Malia que non se trate dunha colección de seu, non podemos negar que a literatura fantástica componse en gran medida de triloxías, pentaloxías e toda clase de series e sagas de libros.
Produtos de Urco Editora
Ophiusa: A terra dos mil ríos
Fernando M. Cimadevila
Urco Editora
O xogo de cartas do Reino de Galiza
PVP rec. 15,00 €
Mulleres bravas da nosa historia: Pepa a Loba
Ledicia Costas (textos) / Eva Agra (ilustracións)
Urco Editora
Xela ten moi claro o que quere ser de maior: bandoleira.
PVP rec. 10,00 €
Xandra, a landra que quería voar
Mercedes Queizas Zas, Paula Pereira Carreiro
Urco Editora
E voará?
PVP rec. 10,00 €
A brétema
María Victoria Moreno, María Montes Sueiro
Urco Editora
Quen axuda a señora Minia?
PVP rec. 10,00 €
Mulleres bravas da nosa historia: Xulia Minguillón
María Reimóndez, Eva Agra
Urco Editora
Para coñecermos mellor esta fantástica artista
PVP rec. 10,00 €
Mulleres bravas da nosa historia: Maruja Mallo
Elvira Ribeiro, Eva Agra
Urco Editora
A nena que soñou con forza ser nunha extraordinaria pintora
PVP rec. 10,00 €
Limiar de conciencia
Cris Pavón
Urco Editora
A intelixencia artificial toma a palabra
PVP rec. 19,00 €