Hugin e Munin
A editorial
A editorial Hugin e Munin é unha iniciativa pensada para introducir no mercado galego unha serie de títulos de literatura estranxeira de prestixio. O réxime de edición é aquel común aos clubs ou círculos de lectura, é dicir, está sustentado sobre unha base de subscritores que permita a publicación de oito libros ao ano, a razón de dúas obras por trimestre.
As literaturas inglesa e francesa, as literaturas nórdicas e as literaturas minorizadas son en principio os nosos campos de batalla; con todo e iso, a literatura de calquera lingua pode ser obxecto de tradución ao galego por parte de Hugin e Munin. O mesmo reza para os xéneros: novela negra, de ciencia ficción, psicolóxica, de aventuras, realista, colonial etc. Escolmamos as obras en función da súa calidade e sen apenas prestar atención aos clixés que leva implícito dividir por xéneros.
Tanto o deseño das cubertas coma o coido na revisión e maquetación dos interiores dos libros son para nós elementos fundamentais da engrenaxe editorial. Este é un denominador común de ambas as coleccións que pomos ao dispor do público lector; isto é, a colección de publicación periódica, destinada aos subscritores, e unha segunda denominada Vólvense os paxaros contra as escopetas na que pouco e pouco incluímos obras de narrativa que por algún motivo non encaixan co criterio editorial fixado para a colección orientada aos subscritores; non por unha cuestión de calidade literaria, en absoluto; as razóns cómpre buscalas na extensión, na temática ou no formato.
Produtos de Hugin e Munin
O caranguexeiro
Takiji Kobayashi
Hugin e Munin
Tradución do xaponés de Gabriel Álvarez Martínez
PVP rec. 14,00 €
Na néboa
Richard Harding Davis
Hugin e Munin
Tradución do inglés de María Alonso Seisdedos
PVP rec. 12,00 €
O xogo das cadeiras
Uxue Alberdi
Hugin e Munin
Tradución desde o éuscaro de Isaac Xubín
PVP rec. 14,50 €
Os salgueiros
Algernon Blackwood
Hugin e Munin
Tradución do inglés de Alejandro Tobar
PVP rec. 11,50 €
A viaxe subterránea de Niels Klim
Ludvig Holberg
Hugin e Munin
Tradución do latín de Alfonso Blanco
PVP rec. 15,00 €
O verán sen homes
Siri Hustvedt
Hugin e Munin
Tradución do inglés de Alejandro Tobar
PVP rec. 16,50 €
Colleita vermella
Dashiel Hammett
Hugin e Munin
Tradución do inglés de Diego Ameixeiras
PVP rec. 16,00 €