Cosmética Muuhlloa, SL
Muuhlloa, cosmética 100% galega realizada con produtos ecolóxicos. Empresa que xorde da sinerxía de Granxa Maruxa e Milhulloa, ambas enraizadas na Ulloa.
Está composta por cinco mulleres que apostan pola viabilidade económica do rural galego, dándolle o valor merecido aos produtos autóctonos. Ambas as empresas nacen do respecto cara aos animais, o medio ambiente e a tradición artesanal unida ao desexo de innovar no sector.
Puntos de venda dos produtos Muuhlloa, aquí.