Demo Editorial
O noso proxecto editorial nace a finais de 2008 como alternativa de autoedición do autor Manel Cráneo.
En 2009 sae ao mercado Os lobos de Moeche, un cómic de aventuras e divulgativo, grazas a colaboración coa entidade Euroeume. O libro úsase como peza de promoción do Museo do Castelo de Moeche e simultaneamente comercialízase no circuíto de librarías galegas.
Ao pouco tempo comezan a chegar propostas doutros autores galegos interesados en publicar co selo; e, de xeito natural, a iniciativa vaise consolidando como proxecto editorial.
A liña principal de edición está baseada na potenciación de autores galegos en lingua galega, atendendo especialmente a temas relacionados co patrimonio pero sempre desde un enfoque lúdico e asumible para calquera tipo de lector.
Co tempo foron nacendo tamén distintas liñas de edición temáticas que atenden aos nosos gustos persoais, como a Colección HäinöS, Eumedievo ou a Colección Castelao.
En 2011, recibimos o Premio Ourense de Banda Deseñada á mellor iniciativa, que o editor, Manel Cráneo, adicou á memoria de Benito Losada, un dos maiores impulsores da BD en Galicia.
Durante tres anos gañamos o Concurso Castelao de Edición da Deputación da Coruña editando ás obras premiadas no Concurso Castelao de Banda Deseñada.
Na actualidade o noso catálogo conta con máis de vinte títulos e o recoñecemento de moitos lectores. Apoiamos novos autores, rescatamos e potenciamos tamén a clásicos do panorama galego e seguimos facendo medrar o noso catálogo esperando que co tempo poida traspasar fronteiras, coma xa ocurreu coa obra Sen mirar atrás de Dani Montero, editada en galego, español e alemán.
Produtos de Demo Editorial
As pombas de Carboeiro
Inacio e Iván Suárez
Demo Editorial
Adaptación da montaxe teatral homónima de Fantoches Baj
PVP rec. 18,00 €
Friaxe
Raposa (Antonio Reboredo)
Demo Editorial
Cómic que adapta as poesías de Himnos á noite de Novalis
PVP rec. 13,90 €
A consulta. Os derradeiros días de Santi Brouard
Harkaitz Cano e dur
Demo Editorial
Tradución de Manel Cráneo
PVP rec. 20,00 €
O tesouro de Lucio
Belatz
Demo Editorial
A vida do anarquista navarro Lucio Urtubia
PVP rec. 22,00 €
Destino Hërgüss
Manel Cráneo
Demo Editorial
Primeira novela gráfica ambientada no Planeta Mincha
PVP rec. 23,00 €