Fol Música
FOL MÚSICA e un fol que quere avivala creación, un selo onde editamos artistas e proxectos musicais que nos gustan. O noso primeiro álbum veu a luz no 1995.
Durante estes anos temos intentado seren sinxelos, coherentes e honestos, guiados polo noso instinto e criterio para mostrar e traballar con música interesante e única, con artistas que dende o enxeño, a raíz, a identidade e a resistencia cultural, crean e experimentan con obras populares ou de autor, obras fermosas, emocionantes tamén, partituras musicais contemporáneas.
FOL MÚSICA naceu como selo de música galega desde a nosa perspectiva local, co que temos vivido dende nenos, coas nosas costumes populares, preto da nosa xente, da nosa terra.
Neste longo camiño percorrido, atopámonos nun mundo que ten mudado case sen decatarnos, onde parece que estamos máis interconectados ca nunca, no que temos visitado moitos pobos e escoitado decenas de belas linguas diferentes; un lugar planetario no que vellas culturas compartimos singularidades únicas, un legado cultural da humanidade que nos gusta e que tratamos de defender, respectar e querer.
Nin antes nin agora estivemos libres de influencias, modas ou avances técnicos, que modifican e enriquecen a tradición herdada, facendo que todo estea vivo e cambiante. Vivimos o tempo que nos tocou, e se hai algo que hoxe nos inflúe poderosamente, é a globalización da nosa cultura.
As migracións forzadas ou voluntarias, as viaxes, as novas tecnoloxías, o estudo e coñecemento de tanta música, a especialización nun entorno global, toda esta interconexión que rompe fronteiras, ten como resultado un mundo máis contraditorio, quizás incerto, máis aberto e mesturado, máis diverso e intenso. Un mundo cheo de sorpresas que nos gusta vivir.
Meu avó foi mariño, no seu pequeno barco de ferro sucaba mares alongados gañando a vida, quizá querendo atopar aventuras, novas experiencias, quizá soñando con illas infinitas e montañas de fogo eterno, quizá conmovido pola lúa e as estrelas. Coñeceu terras, pobos, cancións e linguas estrañas naquel tempo, sen dúbida, hoxe máis coñecidas. Aínda resoa unha chamada alongada e curiosa que nos incita a explorar e viaxar polo mundo.
FOL MÚSICA emprende un novo rumbo e navega novos mares, unha ruta descoñecida que se revela e oculta no musical. O noso barco levantou a áncora cara a un mar que se estende nun brillo insólito, sentimos un respecto enorme e non podemos evitalos nervios da viaxe. Desde a Ría de Vigo, lugar que nos veu nacer, xa estivemos en Bilbao, tamén en Cádiz e Sevilla, e na cosmopolita Barcelona, pasamos por Lisboa e pola afastada cidade de Río de Janeiro, e fixemos parada en Madrid. Agora estamos a preguntarmos qué novos e fascinantes destinos nos esperan.
Todos son lugares únicos, internacionais, con amor polo propio e polas costumes locais, con tradicións e innovacións. Gústanos imaxinalas viaxes de Ulises, as perigosas sereas e os seus doces cantos, a poesía e a delicadeza dun conto no deserto, a festa onde nos atopamos para bailar e danzar…
Hai un certo anhelo de utopía e gusto por seren libres e facer o que queiramos, trouleando con inocencia. Gústanos soñar que aportamos o noso granito de area á fraternidade dos pobos, á alegría, á paz e ó arte da música. Cos pés na terra, facemos un oficio artesán que usa novas ferramentas tecnolóxicas.
Somos produtores de música, editores de libros, xestores de dereitos, promotores de eventos, expertos en promoción e marketing, axudamos aos artistas a chegaren máis lonxe e a ter la maior difusión posible das súas creacións. Vibramos co noso traballo e o executamos con creatividade e paixón, encántanos a BOA música.
FOL MÚSICA é agora un selo de músicas do mundo, un espazo independente de resistencia cultural, con amor e coidado polo traballo ben feito. ¡Grazas por escoitar estes sons e cantos que tanto apreciamos!.
Nando Luaces, outubro 2014
Produtos de Fol Música
Camiños
Magin Blanco
Fol Música
Viaxe e lugar de encontro a través da imaxinación e a creatividade
PVP rec. 20,00 €
O mundo está parado
Guadi Galego
Fol Música
Suxestivas letras con sons pop de Guadi Galego
PVP rec. 19,95 €
Galiza Kepa Junquera
Kepa Junquera
Fol Música
Galiza é un libro e tamén dous discos integrados por músicas galegas
PVP rec. 19,99 €
Gatuxo
Magín Blanco. Ilustracións de Erica Maradona
Fol Música
Música para descubrir o mundo desde a afectividade
PVP rec. 21,99 €
Rústica
Cristina Pato, Davide Salvado, Roberto Comesaña e Anxo Pintos
Fol Música
Catro d@s máis grandes músic@s do ámbito da música tradicional galega
PVP rec. 13,99 €
Lúas de outubro e agosto
Guadi Galego
Fol Música
A Guadi Galego máis madura, melódica, pop e arriscada
PVP rec. 13,99 €
A nena e o grilo nun barquiño
Música de Magín Blanco, ilustracións de Leandro Lamas
Fol Música
Escolma de contos e cancións escritos e compostos por Magín Blanco
PVP rec. 19,99 €