Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Raposeiras Editorial
Difundir o artigo en Cabozo

Raposeiras Editorial


Raposeiras Editorial

RAPOSEIRAS EDITORIAL é un selo editorial de libros de actividades que naceu no 2020, durante o confinamento pola pandemia da Covid-19. 

Todo comezou pola nosa paixón polo deseño, a ilustración e a lectura e a nosa inquietude por crear contido didáctico e informativo en diferentes linguas para os nenos e nenas.

Queremos contribuír na educación das novas xeracións, fortalecer os seus coñecementos sobre referentes culturais e estimular a súa curiosidade polo mundo que lles arrodea.

Para conseguir o noso obxectivo, creamos as coleccións de libros de actividades raposeiras, cunha combinación de contidos informativos e didácticos. Así, os nenos e nenas poderán deixar voar a súa imaxinación e aprender dun modo máis entretido.Apostamos pola creación de libros de actividades artísticas para aprender sobre pintura, música, fotografía, escritores e moito máis.




Produtos de Raposeiras Editorial


Coñecendo a Van Gogh

Raposeiras Editorial

Coñece a Van Gogh e divírtete coloreando as súas obras

PVP rec. 15,00 €

Eu nas vangardas: Cubismo

Raposeiras Editorial

Coñece o cubismo con doce obras pictóricas de diferentes artistas

PVP rec. 15,00 €