Acontravento
Acontravento é froito da inquietude dun mozo da Guarda por dar saída a moitas ideas que levan anos xermolando no seu maxín.
Somos unha marca inspirada nas nosas raíces galegas, e en cada prenda queremos compartir contigo o apego que sentimos polo noso. Cuns deseños que vinculan o local co global, tratamos de reivindicar a nosa identidade dun xeito actual e contemporáneo.
Un proxecto cuns principios e valores ben definidos, sempre do lado da nosa xente e comprometido coas causas sociais.Imos Acontravento, mais co rumbo claro!