Malian Editora
Malian Editora nace como unha ferramenta para fomentar a imaxinación como fonte inesgotable de creatividade e a educación en valores no público infantil y juvenil.
Cremos en revindicar o papel da lectura como motor do desenvolvemento cognitivo nunha época en que os estímulos se focalizan nas novas tecnoloxías.
Formada por profesionais que contan cunha dilatada experiencia no sector editorial, traballamos con autores e ilustradores de sona, así como tamén con novas promesas da escritura, para ofrecer unha ampla gama de títulos tanto infantís como xuvenís.
En Malian Editoria outorgamos unha grande importancia ao deseño e á cultura visual ao coidar o papel da ilustración nas nosas obras. O noso compromiso baséase en coidar todos os detalles que forman parte dos nosos libros para que contribúan de xeito notable ao crecemento persoal e cultural dos lectores máis novos.