Cuarto de Inverno
Cuarto de Inverno é unha editorial independente con sede na Galiza, mais os seus libros son libres de voar aló onde queiran. Publicamos libros porque gostamos deles, mais tamén axudamos a escribilos, a corrixilos, a deseñalos...
Gústannos novidosos e arriscados, riquiños e coidados, afoutos e combativos e na súa totalidade: desde a portada até as gardas, desde o código de barras até o colofón. Os libros que editamos implican unha actitude e un posicionamento vital; un xeito, o noso, de ver o mundo e de estarmos nel.
Facebook de Cuarto de Inverno
Produtos de Cuarto de Inverno
Be Water
Antía Yáñez
Cuarto de Inverno
Xa non existe a Era Superficial no planeta Terra...
PVP rec. 13,50 €