Flamboyant

- Bailén, 180, baixo, local 2.. 08037 Barcelona
- T. Non consta
- Web
Flamboyant é unha editorial independente fundada en 2009 por Eva Jiménez Tubau e Patricia Martin. Nace coa intención de achegar pequenas alfaias literarias a nenos e pais que aprecian un bo conto, unha ilustración esmerada e un obxecto, o libro, extremadamente coidado.
Traballamos cos mellores artistas e autores na creación, edición e distribución de obras de gran calidade, tanto en español como en catalán e outras linguas, para que todas as crianzas poidan desfrutar do pracer da arte e da lectura.En Editorial Flamboyant cremos na forza transformadora da lectura, dos textos e das imaxes.
Ler desde pequenos axúdanos a levar unha vida máis rica, a sermos persoas máis creativas e empáticas, así como a desenvolvernos intelectual e humanamente. Ademais, non cabe esquecer que, cando un neno le en compaña dunha persoa adulta, potencias os seus vínculos afectivos.