Baía Edicións
Baía Edicións desenvolve 26 coleccións dirixidas ao público Infantil e Xuvenil, que se concretaron nos máis de 170 títulos do actual catálogo infantil da editorial, algúns deles merecedores de premios. Nos proxectos dirixidos ao público infantil, tenta sempre combinar o carácter didáctico das coleccións (Os dereitos do neno e da nena, Carteira de valores, Contos da igualdade, Queremos saber, A aventura de vivir, Primeiros coñecementos de ciencia) con outros con predominio lúdico-literario (Rodribico, Mar de letras, Xiz de cor, Grandes clásicos adaptados), Fabulando, todos eles cun importante contido visual.
No ano 2004 pon en marcha o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil, que pretende ser un novo foro para autores e autoras que, en galego, dirixen as súas obras de creación a este sector tan importante da nosa poboación e do que depende, en boa medida, a supervivencia e futuro do galego como idioma de uso oral e escrito.
Desde os inicios aposta pola divulgación do medio natural, pois entende que o seu coñecemento é unha forma de contribuír á súa conservación. Aposta que se concreta na colección Baía Verde, guías da natureza galega ilustradas, alcanzando máis de 20 títulos, merecedores de varios premios, entre eles o de Mellor proxecto editorial pola Federación de Librerías de Galicia en 2013. Nas nosas guías xúntanse rigor científico e valor divulgativo e sitúan a Baía Edicións e a literatura naturalista galega ao máis alto nivel e ao seu ilustrador, Calros Silvar, nos cinco mellores debuxantes naturalistas do mundo.
Promove unha colección de Gastronomía, iniciada coa obra de Nieves Feros Cociña caseira galega e que na actualidade conta con 9 títulos, algún deles premiados pola prestixiosa asociación internacional Gourmand.
Continúa coa publicación de Libros de Texto para ensino secundario e promove a creación de libros educativos electrónicos e da Aula Virtual de Baía.
Inicia a internacionalización da empresa e promove a venda de dereitos a outras linguas, que se concretou na publicación por outras empresas de diversas obras en catalá, euskera, castelán, francés e portugués.
Promove a creación do selo editorial Ártabro, para a publicación en castelán. Participa na creación da distribuidora Consorcio Editorial Galego, da que é accionista ao 50%, e que distribúe na actualidade o 80 % das empresas editoriais galegas.
Produtos de Baía Edicións
Baixo terra
Petra Bartíková
Baía Edicións
Ferreñas e Rock and Roll
Iria Pedreira // Laura Romero (ilustracións)
Baía Edicións
Anecdotario sobre músicas galegas
PVP rec. 17,00 €
Simboloxía máxica de Galicia
Bieito Romero
Baía Edicións
Contén un CD con música de Luar na lubre
PVP rec. 30,00 €