Tulipa Editora
Tulipa Editora nace como un berce creativo, como esas paisaxes montañosas das que eran orixinarias estas prezadas flores no continente asiático. Unha síntese entre a “tulipa” natural e a artificial, esa que nos alumea e ilumina, nas largas horas lectoras, en compañía dun bo libro.
En Compostela, da man de Isabel Patiño, nace este ilusionante proxecto editorial que pretende ser substrato para pequenos regalos da expresión escrita, facendo que a poesía, o ensaio e a narrativa tomen corpo en papel, baixo a luz cálida dunha tulipa.
Novos valores, edicións especiais, escrita galega e traducións.