Samarúas
Samarúas é unha nova proposta folk que comeza a tallar o seu contorno artístico para exhibilo no gran escaparate da música galega.
A cabalo entre a creación propia e a reinterpretación do tradicional, tendo presente a Costa da Morte, as súas xentes e o seu mar, combinamos temas propios cos tradicionais nun folk fresco con personalidade propia. Vimos da canteira da música tradicional que nós mesmos recreamos e presentamos un proxecto integrado por gaita, percusións, voz, acordeón, violín e guitarra.
Un novo son que xurde das nosas inquedanzas musicais logo dun ano de encontros ata que en setembro do 2013 decidimos dar a coñecer esta aventura, Samarúas.
Gañadores en 2014 do QueroStar no Son do Barbansa e 2º premio do certame MúsicaXove, temos actuado en festivais coma o Asalto ao Castelo, Festa Galega, Folk Catalmibre… e teñen colaborado con nós músicos da talla de Kepa Junkera, Brais Maceiras ou José Catoira.
Integrantes
Miguel Vázquez: gaita e saxo
Antonio Prado: percusións
Tania Caamaño: voz e percusión
Fran Trashorras: acordeón
María Blanco: violín
Carlos Barcia: guitarra
Isaac Pérez: batería
Facebook – Twitter – Instagram