Os Lanuxos
Son artesá de gancho ceibe, é dicir, que non sigo patróns nin repito deseños alleos ou propios. Os meus Lanuxos son completamente orixinais, aínda que están normalmente inspirados no imaxinario cultural galego ou nas miñas propias tolemias. Cada un leva escrita a súa propia historia, conto ou canción que se entrega coa figura téxtil.