Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Como participar
Difundir o artigo en Cabozo

Como participar


Agasallo. Para que se coñeza o que existe na nosa lingua!!

Creas, fas ou elaboras produtos en galego? Daquela interésanos saber de ti!!  

Bótalle un ollo a esta información!!

Que propostas nos interesan?

En Agasallo teñen cabida todos os produtos que sexan agasallables e que estean en galego ou que contribúan a visibilizar a lingua galega (un suadoiro cunha palabra, unha cunca con mensaxe, un chaveiro cun nome propio, unha caixa de bombóns etiquetada en galego etc.).

Máis exemplos: libros, discos ou dvd en galego; produtos alimentarios que estean etiquetados en lingua galega; xogos ou xoguetes en lingua galega; camisolas ou outros produtos téxtiles que teñan contido lingüístico en galego; complementos, cerámica, artesanía, vestimenta etc. que leven impresa unha frase ou palabra galegas; etc.

O que nos interesa, en definitiva, é contribuír a difundir as propostas de agasallo en galego, dalas a coñecer, facer que a xente saiba delas e, así, que as poida elixir. Vaia!, a nosa única pretensión é dar a coñecer todas esas propostas que usan a lingua galega.

Vale, e como contacto convosco?

Pois moi sinxelo! Ben enviando unha mensaxe directa a través de calquera das redes en que temos presenza (Facebook, Twitter e Instagram), ben enviando un correo electrónico ao enderezo info@agasallo.eu.

E vós, aceptades agasallos?

Si, claro! ;-) Non exactamente! Desde os inicios moitas empresas cedéronnos produtos para realizar sorteos a través das redes e que tiveron moi boa acollida entre os nosos seguidores. Seguimos abertos a colaborar, de modo que quen queira ofrecer algún produto só ten que comunicárnolo.