Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » A plataforma
Difundir o artigo en Cabozo

A plataforma


Agasallo.eu é esta plataforma en liña que se creou co propósito de compilar, difundir, dar a coñecer e recomendar agasallos en lingua galega de diverso tipo, para todas as idades e para todo tipo de acontecementos e épocas do ano. Para que se coñeza o que existe en galego! ;-)

Naceu no ano 2013 por iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua e mantívose actualizada ata decembro de 2021. Nestes oito anos de vida indexou máis de 1000 referencias de preto de 200 marcas distintas. Para a súa posta en marcha e desenvolvemento contou coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Desde sempre Agasallo tivo presenza nas principais redes sociais –Facebook e Twitter– e desde finais de 2021 tamén en Instagram. Será a través delas en que a plataforma inicial perdure e se converta nun proxecto en liña en constante actualización, mais cuxo espírito ou finalidade continúan plenamente vixentes e inalterados: contribuír a visibilizar e dar a coñecer entre o conxunto da cidadanía creacións que usan a lingua galega e que son de todo tipo e para todas as idades, incentivar a regalar filmes, libros, camisolas, discos, xogos etc. na nosa lingua, e, en definitiva, acompañar a empresas e creador@s no labor que elas mesmas fan de promoción e difusión nas propias redes dos seus produtos.

Queremos que quen nos siga nas redes e precise de ideas para facer un agasallo (véxase a sección de DÍAS ESPECIAIS PARA AGASALLAR) atope nelas unha ampla e variada mostra do rico panorama de creacións culturais (e non só) galegas. Literatura, música, deseño, xoguetes, moda, alimentación e restauración etc.

Se creas, fas ou elaboras produtos en galego, queremos saber de ti!! Consulta a páxina COMO PARTICIPAR EN AGASALLObasicamente, trátase de contactar connosco por mensaxe directa en calquera das nosas redes ou mediante un correo electrónico a info@agasallo.eu.

NOTA IMPORTANTE: a opción de CREA O TEU CATÁLOGO DISTRIBUÍBLE continuará dispoñible mentres este sitio web estea activo, mais loxicamente quen se dispoña a crear un catálogo debe ter en conta que non estará actualizado.