Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » A voz insurrecta
Difundir o artigo en Cabozo

A voz insurrecta


Autor
Mónica Pena Presas
Categoría/s:
Ano
2018
Referencia
978-84-9151-156-4
ISBN
978-84-9151-156-4
Idade
De 13 a +18 anos
PVP rec.
10,00 €
Valoración
0 puntos

A voz insurrecta

Escritora, profesora, conferenciantee impulsora de diferentes iniciativas culturais. María Victoria Moreno foi unha muller con facetas moi diversas e cunha capacidade sorprendente para adiantarse ao tempo que lle tocou vivir. Cun estilo áxil, que combina a investigación das fontes co relato biográfico e a análise da obra literaria. Montse Pena achéganos en A voz insurrecta unha biografía en que a vida da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018 queda reflectida tal cal era: chea de elementos cotiáns mais tamén coas reviravoltas propias dunha novela. A súa procedencia estremeña e a capacidade de asumir o galego como lingua propia, a entrega constante nas aulas e o compromiso adquirido coa literatura infantil e xuvenil galega, aínda incipiente cando comeza a escribir, trazan o singular perfil da muller comprometida que quería deixar “un ronsel de amor, un bo exemplo e un libro que descubra algo a quen o lea”.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou aquí.