Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Mamá
Difundir o artigo en Cabozo

Mamá


Mamá
Autor
Mariana Ruiz Johnson
Empresa
Categoría/s:
Ano
2013
Referencia
978-84-8464-841-3
ISBN
978-84-8464-841-3
Idade
De 5 a +18 anos
PVP rec.
15,00 €
Valoración
0 puntos

Mamá

O amor é o concepto fundamental que xustifica o como, o por que e o para que dun texto rimado tan sinxelo, pero á vez tan universal, cercano á infancia e asequible para lectores de todas as idades e todas as culturas. O poema compleméntase con imaxes exuberantes en contidos e cores, onde a natureza está presente do principio ao final.

Mariana Ruiz Johnson quixo plasmar con esta obra a súa experiencia da maternidade dende un enfoque artístico e literario. Azuis, amarelos, vermellos, verdes… cores vivas, intensas e en harmonioso contraste plásmanse nas páxinas deste álbum. O seu contido inspírase no estilo ornamental da arte popular latinoamericana. Dende o punto de vista cromático, pola forza expresiva e poética das ilustracións, tamén lle rende unha homenaxe a pintores como Paul Klee.

O ser humano é unha especie máis neste álbum onde se enxalza a Nai Terra na súa totalidade: animais, plantas e outros fragmentos do mundo que nos rodea.

Obra gañadora do VI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.




Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou en liña aquí.