Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Azul de Bueu
Difundir o artigo en Cabozo

Azul de Bueu


Azul de Bueu
Autor
Azul de Bueu
Empresa
Ano
2017
Referencia
AzuldeBueu
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
10,00 €
Valoración
0 puntos

Azul de Bueu é un proxecto musical interpretado por seis músicos de recoñecido renome da escena galega da música tradicional e o jazz onde os temas tradicionais son tratados dun xeito moi semellante a como os músicos de jazz trataron as melodías e cancións populares americanas que acabaron por se converter en “standards”.

A partir das melodías da tradición vocal galega, Azul de Bueu quere amosar a súa proposta interpretándoas con cores harmónicas e tímbricas xenuinamente jazzísticas. Podemos falar dun auténtico jazz galego.

Os puntais do proxecto son os ritmos, as melodías, as escalas, as harmonías, a improvisación e a flexibilidade formal. En todos estes aspectos Azul de Bueu atopou fortes e fermosos nexos de unión entre a tradición oral galega, o jazz e outras músicas modernas.

Azul de Bueu é un proxecto de fusión onde se afonda no repertorio máis antigo e tradicional galego para introducilo no universo do jazz e a música moderna, sempre dende o respecto á tradición e o afán innovador.

Azul de Bueu son:

Sonsoles Penadique (voz, acordeón diatónico)
Xosé Miguélez (saxo)
Wilfried Wilde (guitarra)
Alexandre Touceda (contrabaixo)
Iago Fernández (batería)
Virxilio da Silva (dirección artística, guitarra)

Azul de Bueu ten unha expresiva e vibrante posta en escena. Este primeiro traballo discográfico foi gravado en directo, con moi poucas tomas e nunha sesión que durou dous días e que tivo lugar no estudo das Gonzaliñas (Bermés, Lalín). Con este método de gravación acadaron ese son vibrante, xenuíno, ás veces un pouco “suxo” pero incontestablemente humano. Ese son das antigas gravacións de jazz e das gravacións de campo de música tradicional que, ao fin e ao cabo, son as fontes das que agroma Azul de Bueu.

Vídeo promocional de Azul de Bueu

SoudCloud de Azul de Bueu




Onde conseguir esta proposta

Á venda nos webs de FreeCode Jazz Records e de Artesa de Arte.

Tamén en Discos FAN en Compostela e Libraría Paz en Pontevedra.



Galería