Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Cando cae a luz
Difundir o artigo en Cabozo

Cando cae a luz


Cando cae a luz
Autor
María Canosa
Empresa
Categoría/s:
Referencia
978-84-15699-97-2
ISBN
978-84-15699-97-2
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
13,00 €
Valoración
0 puntos

«Moitas veces ouvín dicir que os lobos non atacan as persoas. E isto non é certo», así dicía Ánxel Fole.

Claro que, arredor dunha lareira, coas tebras da noite caendo sobre as costas, as lapas bailando na negrura e debuxando monstros na cara, as palabras dos relatos podían vestir de negro os pensamentos máis agochados. Naquela escena resultaba máis críbel e aterrador. Noites de inverno nas que as palabras, o caldo e o viño quecían máis que o propio lume. Traballar pola fresca da mañá e xuntarse para falar ao cabo do día eran os fitos que marcaban o calendario. Falar. Comunicar. Transmitir. Compartir.

Os radiadores, a calefacción, quentaron os corpos e arrefriaron os corazóns. Claro que os lobos seguen a existir. Non son tan doados de ver. Ocúltanse no monte e baixan silandeiros, en forma de sombras, ruídos, bicos traizoeiros, treboadas, badaladas…

Colección Alcaián
133x210 mm
121 páxinas



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías.
Máis información aquí.