Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » As damas verdes
Difundir o artigo en Cabozo

As damas verdes


As damas verdes
Autor
George Sand
Empresa
Categoría/s:
Ano
2016
Referencia
978-84-945403-6-3
ISBN
978-84-945403-6-3
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
13,00 €
Valoración
0 puntos

Tradución do francés de Xavier Senín

As damas verdes
, publicada orixinalmente por entregas no semanario Le Monde illustré entre abril e xuño de 1857, é unha novela curta de gran singularidade dentro da produción literaria de George Sand, unha das meirandes figuras do romanticismo francés, que aquí opta por facer unha aproximación ao xénero fantástico, con evidente ironía.

Certo día de maio de 1788, un avogado chamado Just Nivières preséntase, enviado polo seu pai, no castelo da condesa de Ionis por mor dun preito que esta mantén cuns familiares e no que cómpre tomar unha decisión. Pero a atmosfera que alí atopa é ben máis complexa do esperado. Perturbado polas aparicións dunhas misteriosas e lendarias damas, sen saber de certo qué responde á realidade e qué á fantasía, o mozo, atacado por un incipiente desexo amoroso, deberá facer fronte á situación. Así pois, tras o atractivo veo dun relato fantástico, Sand aproveita para pór de manifesto toda unha serie de preocupacións sociais da época.

A presente novela foi moi apreciada por, entre outros, Rosalía de Castro, quen reparou nas enormes similitudes co seu El caballero de las botas azules (1867). Por outra banda, cabe sinalar que a galega consideraba a Sand unha «novelista profunda», ademais dun modelo vital, ideolóxico, intelectual e creativo da muller emancipada e progresista.

20 x 13.5cm
Colección XIX
112 páxinas



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías.
Máis información aquí.