Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » O xogo serio
Difundir o artigo en Cabozo

O xogo serio


O xogo serio
Autor
Hjalmar Söderberg
Empresa
Categoría/s:
Ano
2016
Referencia
978-84-945403-7-0
ISBN
978-84-945403-7-0
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
16,00 €
Valoración
0 puntos

Tradución do sueco de Marta Dahlgren

O xogo serio, a derradeira das catro novelas escritas por Hjalmar Söderberg (se cadra a de maior carga autobiográfica e tamén a máis fatalista), publicouse orixinalmente en lingua sueca en 1912.

O autor desenvolve a historia de Arvid Stjärnblom, quen vive na dúbida e no dilema permanentes, tanto no eido profesional coma nas súas relacións persoais e amorosas. O amor adquire especial relevo nestas páxinas, abordado dende unha perspectiva psicolóxica, a partir da fonda melancolía que impregna, polo demais, toda a obra de Söderberg.

A acción, conducida de maneira maxistral, acontece en Suecia ao longo dos anos finais do século XIX e os primeiros do XX, en escenarios como Estocolmo. Nesta cidade, entre fermosas prazas e co pano de fondo das grandes transformacións xeopolíticas que aconteceron nesa época, transcorre a convulsa vida duns personaxes complexos e a miúdo contraditorios, até o punto de poder afirmar que o lector de hoxe recoñecerá a extrema vixencia de non poucos comportamentos.

20 x 13.5 cm
Colección XX
300 páxinas



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías.

Máis información aquí.