Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » O verán sen homes
Difundir o artigo en Cabozo

O verán sen homes


O verán sen homes
Etiquetas
Autor
Siri Hustvedt
Empresa
Categoría/s:
Ano
2016
Referencia
978-84-945403-4-9
ISBN
978-84-945403-4-9
Idade
De 16 a +18 anos
PVP rec.
16,50 €
Valoración
0 puntos

Tradución do inglés de Alejandro Tobar.

É verán en Minnesota. Mia Fredricksen, profesora universitaria e poeta na cincuentena, debe facer fronte á decisión do seu home, Boris Izcovich, de interromper a relación conxugal que ambos manteñen dende hai trinta anos. O motivo: unha moza coa que el inicia unha aventura amorosa.

Así arrinca unha historia que transcende a literatura de xénero e na que xogan un papel fundamental a memoria e a propia identidade. Pero non só: hai tamén reflexións sobre a velleira, sobre os procesos cognitivos, a bioloxía e a neurociencia, a histeria, a catarse, o desexo, a puberdade, a enfermidade...

Hustvedt lograr dotar o relato dunha profundidade e dunha exquisitez sorprendentes; resulta en verdade notable a súa capacidade para abordar cuestións de calado, tanto dende unha óptica humanista coma científica, sen recorrer a frases sisudas nin a densos parrafeos. Co máximo respecto para co lector, a autora imprímelle á novela un ton ameno e accesible que, malia ser novelesco, non dista moito do ensaio divulgativo.

Escrita en primeira persoa, a obra é íntegra no plano intelectual e tamén no emotivo. Se cadra é por iso, e pola ironía que impregna cada páxina, polo que resulta tan estimulante.


20 x 13.5 cm
Colección XXI
228 páxinas



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías.
Máis información aquí.