Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Brinca vai!
Difundir o artigo en Cabozo

Brinca vai!


Brinca vai!
Autor
Paco Nogueiras
Empresa
Categoría/s:
Referencia
978-84-8464-877-2
ISBN
978-84-8464-877-2
Idade
De 1 a 12 anos
PVP rec.
23,00 €
Valoración
0 puntos

Brinca vai! é un traballo colectivo que se presenta en varios soportes: libro ilustrado, CD con 12 cancións en galego e DVD con vídeos musicais gravados coa colaboración de escolares de varios colexios.

A liberdade creativa é a principal característica das composicións, escritas e interpretadas por Paco Nogueiras cun amplo abano de estilos e de contrastes, dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, con influencias tradicionais.

Co obxectivo de achegar a tradición á actualidade mediante ritmos e estéticas contemporáneas, as cancións tratan sobre temas incluídos no currículo escolar: as estacións, a natureza, a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares, festas como o Entroido, o Magosto, o Samaín ou o Nadal.

Paco Nogueiras (música)
David Pintor (ilustración)
José Miguel Sagüillo (Sr. Sagüillo) (vídeo)

Encadernado en cartoné. 16 x 16 cm. 56 páx.

III PREMIO MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA (MÚSICA INFANTIL)

Web de Brinca vai!

Vídeo de "Meu o mundo é!"

Vídeo de "No samaín"

Vídeo de "O apalpador"



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías ou na tenda en liña de Kalandraka.