Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » As dúas viaxes
Difundir o artigo en Cabozo

As dúas viaxes


As dúas viaxes
Autor
Xaquín Marín
Categoría/s:
Referencia
978-84-937256-5-5
ISBN
978-84-937256-5-5
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
12,00 €
Valoración
0 puntos

Volume que supón unha nova achega ao propósito de posta en valor do labor dos pioneiros da historieta galega, neste caso a través da obra de Xaquín Marín (Ferrol, 1943). A edición reúne dúas importantes mostras: a historieta, inédita até o de agora, “Buscando otro mundo”, e, a seguir, a reedición de “A longa viaxe de volta dende as estrelas”, dada a coñecer en 1975 no primeiro álbum da banda deseñada galega, 2 Viaxes, no que aparecía acompañada doutro traballo asinado por Reimundo Patiño.

Ambas as obras de Xaquín Marín representan os seu primeiros atoutiños no xénero e propoñen unha lectura en clave simbólica na que se percibe a presenza do seu compromiso social e político, cinguido ás preocupacións do contexto no que foron creadas, e conforman unha lúcida reflexión de alcance universal e imperecedoiro, ao tempo que dan conta da súa orixinal proposta de rotulación, figuración e composición da páxina.

Con prólogo de Fausto Isorna

Formato 17 x 24 cm
80 páxinas
Encadernación: rústica con lapelas
Impresión: branco e negro
Idioma: edición bilingüe en galego e castelán



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías especializadas en banda deseñada e na tenda en liña da editorial.