Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Aram o armenio
Difundir o artigo en Cabozo

Aram o armenio


Aram o armenio
Autor
Abel Alves / Majox / Lara Lee
Empresa
Categoría/s:
Ano
2016
Referencia
978-84-943403-6-9
ISBN
978-84-943403-6-9
Idade
De 13 a +18 anos
PVP rec.
13,90 €
Valoración
0 puntos

Aram o armenio, primeira colaboración entre o guionista galego Abel Alves e a debuxante arxentina Majox, é unha historia que combina a dureza duns feitos reais (o xenocidio armenio por parte do Imperio Otomán) coa banda deseñada clásica de aventuras, en que a denuncia das violacións dos dereitos humanos convive cunha narración de entretemento apta para todo tipo de públicos.

Un século despois dos feitos —que hoxe en día o Estado turco segue sen admitir—, esta banda deseñada serve para a súa reivindicación e para a denuncia de todas as atrocidades que se seguen a cometer no mundo.

COLECCIÓN Fóra de colección  
XÉNERO Histórico, drama social  
NÚM. DE PÁXINAS 72, branco e negro  
ENCADERNACIÓN Rústica con lapelas  
MEDIDAS 17 x 24 cm



Onde conseguir esta proposta

Á venda en librarías especializadas en banda deseñada (listaxe de puntos de venda) e na tenda en liña de Demo Editorial.