Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe...
Difundir o artigo en Cabozo

Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo


Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo
Etiquetas
Autor
Xurxo Mariño
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-9121-180-8
ISBN
978-84-9121-180-8
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
18,00 €
Valoración
0 puntos

Este é un libro de viaxes convertido nunha aventura de divulgación científica, o relato dun periplo de once meses arredor do planeta Terra no que se mesturan as anécdotas que van xurdindo ao longo das distintas etapas coas descricións da ciencia que hai detrás dos espectáculos que a natureza lles vai amosando aos viaxeiros: illas volcánicas en plena formación, desertos aos que non se lles albisca a fin, termiteiros xigantes, glaciares de cor azul que roxen coma monstros, raposos voadores e quilómetros, moitos quilómetros de percorrido polo mar, o aire e os revirados camiños dun planeta observado cos ollos atentos e cheos de curiosidade de Xurxo Mariño.

Como indica o escritor Xavier Queipo no limiar, «cada capítulo, cada etapa, cada anécdota é unha porta aberta aos sentidos e ao coñecemento, unha incitación á observación da natureza e, en particular, á natureza humana coma se se tratase dunha introdución á historia natural e de etnografía comparada»



Onde conseguir esta proposta

Librarías.

Máis información aquí