Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » Os aforismos do riso futurista
Difundir o artigo en Cabozo

Os aforismos do riso futurista


Os aforismos do riso futurista
Etiquetas
Autor
Francisco Pillado Maior e Xavier Seoane
Categoría/s:
Ano
2017
Referencia
978-84-9121-133-4
ISBN
978-84-9121-133-4
Idade
De 14 a +18 anos
PVP rec.
12,50 €
Valoración
0 puntos

Este volume constitúe unha achega colectiva a un xénero non moi traballado na literatura galega: o aforismo. Un conxunto de 48 autores das máis diversas traxectorias e xéneros desprega un variado repertorio de enxeño, lucidez e creatividade a través da chispa da imaxinación, do bisturí da análise e da cortesía da brevidade. Estilos moi variados. Estéticas plurais. Cosmovisións intelectuais diversas. En definitiva, todos os posibles camiños estéticos, conceptuais e formais aparecen nestas sentenzas, apotegmas, reflexións aforísticas do noso tempo, cunha temática que vai da denuncia á observación lúcida, da evocación poetizadora á máxima moralizante, da reflexión ontolóxica á sátira social, do ferrete contra un vicio ou unha vexación á revelación do mínimo, do sutil, do dificilmente apreixable e expresable. O aforismo, un xénero en verdadeira expansión na actualidade, recibe así un pulo extraordinario na nosa tradición cultural. Un xénero breve e incisivo, acaído á vertixe dos tempos que corren.



Onde conseguir esta proposta

Á venda en calquera libraría.
Máis información no web de Xerais.