Buscador de agasallos

Busca por prezo, idade e tipo de proposta

Pechar

0 €
+200 €


0 anos
+18 anos


Produto

Inicio » Catálogo » O mundo está parado
Difundir o artigo en Cabozo

O mundo está parado


O mundo está parado
Etiquetas
Autor
Guadi Galego
Empresa
Ano
2016
Referencia
OMundoEstaParado
Idade
De 12 a +18 anos
PVP rec.
19,95 €
Valoración
0 puntos

Co seu anterior Lúas de outubro e agosto (Fol Música 2014), a compositora Guadi Galego conseguiu conquistar a público e crítica cun disco extraordinario, cheo de cancións fermosas, melodías sublimes e letras moi persoais.

O mundo está parado é o seu terceiro disco en solitario, un conxunto de cancións onde a pluralidade a universalidade e á vez a diversidade están presentes. Unha reflexión sobre a imposibilidade da coherencia.

O mundo está parado está conformado por 10 temas: seis escritos por ela, tres por Carlos Abal e un por Pachi García, que exerce de novo como produtor musical. Guadi Galego perfílase como unha compositora extremadamente orixinal e única.

LISTA DE TEMAS:

1. Cedeira
2. O privilexio é soñar
3. Mente en branco
4. O mundo está parado
5. El entorno
6. Vas cara arriba
7. Dende que marchaches
8. Vida
9. Tribu
10. Canción para ver

Na primeira e limitada edición de O mundo está parado Guadi decidiu engadir máis valor artístico ao traballo: é importante sinalar que o único formato que haberá dispoñible nas tendas de discos é un vinilo, dentro do que se poderá atopar un CD (coas mesmas cancións) e unha fotografía dun tamaño 20x30cm, obra de Carlos Abal. Hai 10 fotos distintas distribuidas nunha tiraxe de 1.000 vinilos.

Se non podes mercalo nunha tenda podes reservar a túa copia de vinilo no Facebook da artista ou facer a túa reserva en vinilosguadigalego@gmail.com

O MUNDO ESTÁ PARADO tamén estará dispoñible nas plataformas dixitais. https://www.facebook.com/Guadi-Galego-110964858969160/?fref=ts

[Texto adaptado de Ábrete de Orellas: http://abretedeorellas.com/detallenoticias.asp?cod=7008]

Vídeo promocional do disco >



Onde conseguir esta proposta

Este vinilo-CD está á venda en tendas de discos, algunhas librarías e outros establecementos.
Tamén se pode solicitar a través do FB da artista: https://www.facebook.com/Guadi-Galego-110964858969160/